Constituído o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia
O pasado venres 14 de decembro tivo lugar a Asemblea Constituínte do CPETIG, na que foi aprobado o texto definitivo dos Estatutos e se nomeou a primeira Xunta de Goberno, que pasa a estar constituíta por:
- Presidenta: Leticia Diz Bengochea
- Vicepresidente: Rubén Cid Fernández
- Secretario: Javier Encisa de Sá
- Vicesecretario: Federico Pinal Moreira
- Tesoureiro: Anxos Cabado Lourés
- Vicetesoureiro: Carlos Vázquez Suárez
- Vogal: Javier Fernández Martínez
- Vogal: Óscar Cortés Rodríguez
- Vogal: Edgar Rodríguez Silva
- Vogal: Miguel Abad González
No seguinte enlace tedes á vosa disposición o programa de goberno da candidatura que recolle todos os obxectivos marcados para os vindeiros catro anos.
Dende a Comisión Xestora queremos agradecer a gran participación tanto de todos os asistentes á asemblea, aportando as súas ideas e as súas decisións nas diferentes votacións, como a todas as persoas inscritas no censo ás que non lles foi posible finalmente acudir por diversas circunstancias.
Queremos expresar tamén todo o noso apoio á nova Xunta de Goberno do Colexio, encabezada pola Presidenta Leticia Diz Bengochea, e solicitar toda a colaboración dos membros do novo Colexio para afrontar os difíciles retos que se presentan para esta nova andaina.
Noraboa a todos.
19 Diciembre 2007 at 1:25 am
Hola, mis mas sinceras felicitaciones a todas las personas involucradas en este proyecto y agradecimientos a quienes lo han hecho posible. Estoy muy contento de haber estado el viernes en la asamblea y espero en un futuro colaborar de forma mas activa en el Colegio. Un saludo, Antonio.
19 Diciembre 2007 at 8:27 pm
Boas a todos. Noraboa e grazas a todos aqueles que fixeron posible que poidesemos chegar ata aquí. O que resta sempre é o peor, pero polo menos é moi ilusionante. Ó igual que dixo Antonio, síntome moi satisfeito de ter participado na asamblea constituínte e tamén impaciente por empezar a ver que isto arranca. Moitos ánimos para Xunta de Goberno. Saúdos.
19 Diciembre 2007 at 10:42 pm
Grazas Antonio no nome do resto da Xunta de Goberno polas túas felicitacións e polo esforzo de estar o venres na Asamblea nun día cheo de cenas navideñas. Temos moito traballo por diante e esperamos e desexamos a participación dos colexiados nos proxectos que lancemos adiante. Necesitamos moitas máns para sacar esto adiante e non podemos facelo sós. Un saúdo. E Bo Nadal e Feliz Aninovo.
20 Diciembre 2007 at 10:18 am
Grazas Juan Luis. Agora mesmo estamos inmersos no traspaso de poderes, en por en marcha a identidade corporativa e en comunicar a colexios profesionais, institucións, empresas, prensa, etc… a nosa creación conxuntamente co CPEIG e a AEIG. En Febrero/Marzo esperamos ter unha Asamblea Xeral no que xa concretemos os primeiros pasos dados e a dar e as comisións de traballo nas que esperamos participedes. Un saúdo.
20 Diciembre 2007 at 10:36 am
E por certo animámosvos a que aproveitando o pulo da constitución dos Colexios espalledes entre os vosos compañeiros de profesión (enxeñeiros técnicos e enxeñeiros) a existencia dos Colexios e os animedes a colexiarse no CPETIG e no CPEIG. Como vos dicía antes necesitamos de cada un dos titulados que hai en Galicia. Un saúdo.