Convocatoria da asemblea constituínte do CPETIG
Convócase para o vindeiro venres 14 de decembro de 2007 a Asemblea de constitución do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, no seguinte horario:
- 17:00: Recepción de asistentes e inscrición daquelas persoas non incluídas no censo.
- 17:30: Primeira convocatoria.
- 18:00: Segunda convocatoria.
A orde do día da asemblea é a seguinte:
1. Informe do Presidente da Comisión Xestora.
2. Ratificación da Comisión Xestora, das súas actuacións e do informe de gastos, se procede.
3. Presentación da proposta de Estatutos do Colexio Profesional e das emendas presentadas ao mesmo. Debate e votación.
4. Presentación de candidaturas e elección dos cargos da Xunta de Goberno.
Dado que foi presentada unha única candidatura á xunta de goberno do Colexio, segundo establecen os estatutos provisionais non se realizará votación para a elección da mesma, e os membros desta candidatura serán proclamados electos.
O sábado 15 de decembro celebrarase ás 13:00 un acto oficial de presentación do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica de Galicia.
19 Noviembre 2007 at 1:40 pm
Qué teño que facer pra poder entrar no CPETI? ¿Cales son as tasas a pagar?
¿Cómo podo incluirme no censo se non podo asistir á reunión do venres 14 de Decembro?
Grazas. Saúdos
María Xesús Cao
19 Noviembre 2007 at 4:10 pm
Estimada María Xesús,
Na sección de FAQs atoparás a resposta a estas cuestións, nos seguintes apartados:
- ¿Cal é a cuota que haberá que pagar por estar colexiado?
- ¿Que fago se non podo asistir á asemblea constituínte?
Un saúdo