Arquivo para Noviembre, 2007

Mesa redonda sobre os colexios en Ourense

Miércoles, 28 Noviembre 2007

O xoves 29 de novembro ás 18:30 terá lugar no Salón de Actos do Edificio Politécnico do Campus de Ourense unha mesa redonda sobre os recén creados Colexio Oficial de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñaría en Informática de Galicia.

Nesta mesa redonda participarán o secretario da Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia, Juan Otero Pombo, Javier Rodeiro Iglesias como primeiro presidente da Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia e os candidatos á presidencia dos colexios, Fernando Suárez Lorenzo, María José Durán Domínguez e Leticia Diz Bengochea.

Como os titulados galegos aínda poden colexiarse e participar nas asembleas constituíntes o escenario é ideal para que poidan resolverse todas as dúbidas que poideran xurdir sobre os colexios profesionais e o futuro da profesión.

Cartel da mesa redonda

Conferencia sobre a creación dos Colexios Profesionais de Enxeñeiros (CPEIG) e Enxeñeiros Técnicos (CPETIG) en Informática de Galicia

Miércoles, 21 Noviembre 2007

Este mércores 21 de novembro ás 17:30h no salón de Actos da Facultade de Informática terá lugar a conferencia sobre a creación do Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia (CPEIG) e Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos Informáticos de Galicia (CPETIG).

Cartel da conferencia

Convocatoria da asemblea constituínte do CPETIG

Viernes, 16 Noviembre 2007

Convócase para o vindeiro venres 14 de decembro de 2007 a Asemblea de constitución do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, no seguinte horario:

- 17:00: Recepción de asistentes e inscrición daquelas persoas non incluídas no censo.
- 17:30: Primeira convocatoria.
- 18:00: Segunda convocatoria.

A orde do día da asemblea é a seguinte:

1. Informe do Presidente da Comisión Xestora.
2. Ratificación da Comisión Xestora, das súas actuacións e do informe de gastos, se procede.
3. Presentación da proposta de Estatutos do Colexio Profesional e das emendas presentadas ao mesmo. Debate e votación.
4. Presentación de candidaturas e elección dos cargos da Xunta de Goberno.

Dado que foi presentada unha única candidatura á xunta de goberno do Colexio, segundo establecen os estatutos provisionais non se realizará votación para a elección da mesma, e os membros desta candidatura serán proclamados electos.

O sábado 15 de decembro celebrarase ás 13:00 un acto oficial de presentación do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica de Galicia.

Emendas propostas aos estatutos definitivos

Jueves, 8 Noviembre 2007

Rematado o prazo de presentación de emendas aos estatutos definitivos do Colexio, faise pública a recopilación de todas as emendas recibidas pola Comisión Xestora, que deberán ser votadas na asemblea constituínte.

Emendas aos estatutos definitivos

Lista definitiva de candidaturas para a xunta de goberno

Sábado, 3 Noviembre 2007

Rematado o prazo para a presentación da documentación necesaria para a admisión de candidaturas á  xunta de goberno do Colexio, foi presentada e validada por parte da comisión unha única candidatura, encabezada Leticia Diz Bengochea, cos seguintes compoñentes:

- Presidenta: Leticia Diz Bengochea
- Vicepresidente: Rubén Cid Fernández
- Secretario: Javier Encisa de Sá
- Vicesecretario: Federico Pinal Moreira
- Tesoureiro: Anxos Cabado Lourés
- Vicetesoureiro: Carlos Vázquez Suárez
- Vogal: Javier Fernández Martínez
- Vogal: Óscar Cortés Rodríguez
- Vogal: Edgar Rodríguez Silva
- Vogal: Miguel Abad González

Programa de goberno