Arquivo para Julio, 2007

Apertura do prazo para a inscrición do censo na asemblea constituínte

Martes, 24 Julio 2007

Dende o día 24 de xullo e ata o 14 de setembro está aberto o prazo para a inscrición no censo da asemblea constituínte do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia.

Formulario de inscrición CPETIG

Para realizar a inscrición débese cubrir o formulario (pode cubrirse directamente co Acrobat Reader antes de imprimilo e logo firmalo) e envialo xunto con unha fotocopia do DNI e fotocopia compulsada do título, salvo que este estea expedido nunha Universidade de Galicia e se autorice a súa comprobación, ao seguinte enderezo:

Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia
Centro de Negocios La Rosa 22
C/ La Rosa 22, 3º Izquierda
15701, Santiago de Compostela

Os documentos para a inscrición poden enviarse por correo postal ou entregarse neste centro de negocios no seguinte horario:

  • De luns a xoves: 9:00 - 20:00
  • Venres: 9:00 - 16:00

(more…)