16 Noviembre 2007
Convócase para o vindeiro sábado 15 de decembro de 2007 a Asemblea de constitución do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, no seguinte horario:
- 9:00: Recepción de asistentes e inscrición daquelas persoas non incluídas no censo.
- 9:30: Primeira convocatoria.
- 10:00: Segunda convocatoria.
A orde do día da asemblea é a seguinte:
1. Informe do Presidente da Comisión Xestora.
2. Ratificación da Comisión Xestora, das súas actuacións e do informe de gastos, se procede.
3. Presentación da proposta de Estatutos do Colexio Profesional e das emendas presentadas ao mesmo. Debate e votación.
4. Presentación de candidaturas e elección dos cargos da Xunta de Goberno.
O voto para as eleccións á Xunta de Goberno do Colexio poderá emitirse por correo, tal e como se establece nos estatutos provisionais, mediante correo certificado e de forma individual. O sobre de correos deberá conter a papeleta da candidatura elixida e unha fotocopia do DNI do elector asinada en orixinal polo titular. Para a súa validez, deberá ser recibido na sede do Colexio ata o día anterior ó sinalado para a Asemblea.
Papeletas para realizar o voto por correo:
Papeleta de voto para a candidatura de Maria José Durán
Papeleta de voto para a candidatura de Fernando Suárez
Celebrarase ás 13:00 un acto oficial de presentación do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica de Galicia.
Publicado en Novas | 6 Comentarios »
8 Noviembre 2007
Rematado o prazo de presentación de emendas aos estatutos definitivos do Colexio, faise pública a recopilación de todas as emendas recibidas pola Comisión Xestora, que deberán ser votadas na asemblea constituínte.
Emendas aos estatutos definitivos
Publicado en Novas | Sen Comentarios »
29 Octubre 2007
Rematado o prazo establecido para a presentación de candidaturas á xunta de goberno do Colexio, foron recibidas e aceptadas por parte da Comisión Xestora dúas candidaturas. A continuación recóllense os membros e o programa de goberno de cada unha delas:
Candidatura encabezada por María José Durán Domínguez:
- Presidenta: María José Durán Domínguez
- Vicepresidente: José María Casanova Crespo
- Secretario: Daniel Fernández Garrido
- Vicesecretaria: Laura María Castro Souto
- Tesoureira: Soraya Sánchez Labandeira
- Vicetesoureiro: Santiago Pérez Agra
- Vogal: Ronnie Arosa Carril
- Vogal: Xavier Castaño García
- Vogal: Juan José Sánchez Penas
Programa de goberno
Candidatura encabezada por Fernando Suárez Lorenzo:
- Presidente: Fernando Suárez Lorenzo
- Vicepresidente: Hernán Vila Pérez
- Secretario: Juan Valiño García
- Tesoureira: María Pilar Dolores Quiñoá López
- Vicesecretario: Ángel Fernández Gándara
- Vicetesoureiro: Xosé Antón Campos Silva
- Vogal: Ramón Paz Buján
- Vogal: Miguel Ángel Molinero Álvarez
- Vogal: Eva Marcos Doldán
- Vogal: Francisco Manuel Bago Castro
Programa de goberno
Publicado en Novas | 9 Comentarios »
11 Octubre 2007
Rematados os prazos establecidos nos estatutos provisionais, de 3 días hábiles para presentación de reclamacións ao censo provisional da asemblea constituínte, e de 3 días hábiles para resolución das mesmas por parte da Comisión Xestora, faise público o censo definitivo para a asemblea.
Censo definitivo
Cabe destacar que a Comisión Xestora acordou recentemente ampliar o prazo de inscrición no censo ata o mesmo día da asemblea, polo que periodicamente serán publicadas distintas revisións do censo coas novas inscricións admitidas.
Tal e como establece o apartado 4 do artigo 13 dos estatutos provisionais, ábrese o prazo de 15 días naturais para a presentación de candidaturas á xunta de goberno do Colexio ata o 27 de outubro. As candidaturas deberanse presentar por escrito mediante correo postal certificado dirixido á sede do Colexio incluíndo os candidatos para cada cargo xunto co programa de goberno.
Publicado en Novas | 2 Comentarios »
8 Octubre 2007
A Comisión Xestora, tendo en conta os retrasos producidos na tramitación e publicación do censo definitivo e co fin de preservar os obxectivos e o espíritu dos Estatutos Provisionais, interpreta que os prazos de presentación de emendas aos Estatutos Definitivos debe ser considerado dende a publicación de dito censo.
Por outra banda, entende tamén que o espíritu da lei de creación do Colexio é que a publicación da convocatoria da asemblea constituínte nos dous diarios de maior tirada de Galicia (aínda non realizada) debe servir para que as persoas que non tivesen coñecemento da súa celebración poidan inscribirse para acudir á mesma.
Por este motivo, co obxectivo de facilitar a participación no proceso de creación do Colexio, e para que as persoas que forman parte do censo dispoñan dos prazos íntegros establecidos nos Estatutos provisionais para a presentación de emendas, adopta o acordo de:
- Ampliar en vinte días naturais o prazo de presentación de emendas aos estatutos, de forma que serán recollidas todas as emendas recibidas ata o vindeiro 20 de outubro.
- Ampliar o prazo de inscrición no censo ata o día mesmo da asemblea constituínte, nas seguintes condicións:
1. As solicitudes recibidas neste novo prazo deberán incluír obrigatoriamente:
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia compulsada do título, dado que xa non é posible realizar a comprobación do título nas universidades (o propio día da Asamblea poderase compulsar copia do título previa presentación de orixinal e fotocopia do mesmo).
- Formulario correctamente cuberto (Formulario de inscrición (II)).
2. Aquelas persoas cuia solicitude de inscrición e documentación adxunta chegue unha vez rematado o prazo de presentación de emendas aos estatutos, non terán dereito de presentar emendas aos memos.
3. Aquelas persoas cuia solicitude de inscrición e documentación adxunta chegue unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, non terán dereito a formar parte dunha candidatura á xunta de goberno na asemblea constituínte.
Publicado en Novas | Sen Comentarios »
1 Octubre 2007
Tras realizar a comprobación dos títulos nas distintas universidades, no seguinte documento faise pública a lista de de persoas inscritas no censo, incluíndo tamén aquelas que actualmente están denegadas pola falta dalgunha documentación:
Censo provisional
Segundo o establecido nos estatutos provisionais, ábrese un prazo de 3 días hábiles (ata o xoves 4 de outubro) para a presentación de reclamacións ou para subsanar os problemas detectados no caso das solicitudes excluídas, que serán resoltas pola comisión xestora no prazo tamén de 3 días hábiles (ata o martes 9 de outubro). O mércores 10 de outubro farase público o censo definitivo.
Publicado en Novas | Sen Comentarios »
29 Septiembre 2007
El COIICV ha organizado un ciclo de 4 seminarios sobre Sistemas y Aplicaciones Web, que comienza el próximo 26 de octubre con el curso “Estaciones de trabajo Linux” y que se completará con los 3 siguientes (Esquema del curso):
- Administración de Servidores Linux
- Redes Inalámbricas
- Servicios y Aplicaciones Web
Este ciclo está dirigido a profesionales del sector informático interesados en mejorar sus conocimientos en sistemas Linux (2 primeros cursos), conocer los servicios Web y las bases para el desarrollo de aplicaciones Web a medida (cuarto) y profundizar en el diseño, gestión de la seguridad y administración de redes wi-fi (tercero).
Ler o resto desta entrada »
Publicado en Formación | Sen Comentarios »
26 Septiembre 2007
O vindeiro venres 28 de setembro terá lugar unha sesión informativa na que membros das Xuntas Xestoras de ambos Colexios informarán, resolverán dúbidas e debatirán sobre o proceso de constitución.
A devandita xornada terá lugar a partir das 18:00 horas na Sala Circular do Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
A sesión está aberta a todos os Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos de Galicia, sexan ou non membros de AEIG, e teñan ou non presentado solicitude para a inscrición no censo.
Ler o resto desta entrada »
Publicado en Novas | Sen Comentarios »
19 Septiembre 2007
Públicase a listaxe das inscricións para o censo da asemblea constituínte do Colexio recibidas a día 18 de setembro de 2007.
Lista de inscricións no censo provisional (18/09/07)
Publicado en Novas | Sen Comentarios »
14 Septiembre 2007
A Comisión Xestora fai pública a proposta de estatutos definitivos para o Colexio que se deberán aprobar na asemblea constituínte do mesmo.
Tal e como se establece no artigo 11 dos estatutos provisionais, ábrese agora un prazo de 15 días naturais ata o 1 de outubro na que calquera membro do censo pode presentar enmendas ou observacións aos mesmos, que deberán ser enviadas á Comisión Xestora mediante correo postal certificado dirixido á sede do Colexio.
Proposta de estatutos CPEIG
Publicado en Novas | 2 Comentarios »