INFORMACIÓN ÚTIL
Nesta páxina recóllese a información mais relevante relativa ao proceso de constitución do CPEIG:
Enderezos de contacto:
Para calquera consulta ou dúbida que se queira transmitir á Comisión Xestora, poñemos á vosa disposición o enderezo de correo electrónico
O envío de documentación dirixida ao Colexio debe ser remitida á sede do Colexio, no seguinte enderezo:
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
Centro de Negocios La Rosa 22
C/ La Rosa 22, 3º Izquierda
15701, Santiago de CompostelaHorario:
- De luns a xoves: 9:00 - 20:00
- Venres: 9:00 - 16:00
Estatutos provisionais e definitivos:
A Comisión Xestora elaborou o pasado 11 de maio os estatutos provisionais do Colexio, que simplemente rixen o proceso de constitución do mesmo e os pasos a seguir para a celebración da asemblea constituínte na que o Colexio comezará a funcionar.
Posteriormente, a Comisión elaborou e publicou unha proposta para os estatutos definitivos do Colexio, que rexirán o funcionamento do mesmo e que deberán ser aprobados na asemblea constituínte. Na asemblea constituínte deberán ser votadas tamén as distintas emendas presentadas a esta proposta de estatutos.
Censo para a asemblea constituínte:
Para a organización da asemblea constituínte e do proceso electoral no que se elixirá á primeira Xunta de Goberno do Colexio, a Comisión Xestora decidiu facer un censo no que deben estar incluídas todas as persoas que poden participar en dita asemblea.
Seguindo o establecido nos estatutos provisionais, o 11 de outubro foi publicado o censo definitivo con todas aquelas persoas que realizaron a súa inscrición no prazo establecido inicialmente.
Rematado o prazo de inscrición establecido nos estatutos provisionais, a Comisión Xestora acordou, para favorecer no máximo posible a participación na asemblea, ampliar este prazo de inscrición ata o mesmo día de celebración da mesma de forma que toda persoa que presente o formulario de inscrición cuberto xunto coa fotocopia compulsada do título (que pode ser compulsada pola Comisión Xestora o mesmo día da asemblea) e unha copia do DNI poderá participar na asemblea.
Recentemente, o pasado 1 de decembro a Comisión Xestora fixo pública a listaxe das novas inscricións incorporadas ao censo definitivo dende a ampliación do prazo.
Candidaturas á Xunta de Goberno:
Na asemblea constituínte deberá elixirse a primeira Xutna de Goberno que rexirá as actividades do Colexio. Foron presentadas dúas candidaturas, que serán defendidas na asemblea antes da votación.
Convocatoria da asemblea constituínte:
A asemblea constituínte do Colexio celebrarase o vindeiro sábado 15 de decembro ás 9:00 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. No seguinte enlace pódese consultar toda a información referente á mesma.


