Constituído o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

O pasado sábado 15 de decembro tivo lugar a Asemblea Constituínte do CPEIG, na que se levou a cabo a ratificación da Comisión Xestora, foi aprobado o texto definitivo dos estatutos, coa a aprobación de todas as emendas presentadas ao mesmo, e quedando proclamada electa a Xunta de Goberno coa candidatura de Fernando Suárez Loranzo, e constituínda a Xunta de Goberno cos seguintes membros:

  • Presidente: Fernando Suárez Lorenzo
  • Vicepresidente: Hernán Vila Pérez
  • Secretario: Juan Valiño García
  • Tesoureira: María Pilar Dolores Quiñoá López
  • Vicesecretario: Ángel Fernández Gándara
  • Vicetesoureiro: Xosé Antón Campos Silva
  • Vogal: Ramón Paz Buján
  • Vogal: Miguel Ángel Molinero Álvarez
  • Vogal: Eva Marcos Doldán
  • Vogal: Francisco Manuel Bago Castro

No seguinte enlace tedes á vosa disposición o programa de goberno da candidatura que recolle todos os obxectivos marcados para os vindeiros catro anos.

Dende a Comisión Xestora queremos, en primeiro lugar, agradecer a gran participación tanto de todos os asistentes á asemblea, aportando as súas ideas e as súas decisións nas diferentes votacións, como a todas as persoas inscritas no censo ás que non lles foi posible finalmente acudir por diversas circunstancias.

Moi especialmente, queremos recoñecer e agradecer tamén o gran traballo e excelente calidade das dúas candidaturas presentadas, que se refricte nun resultado tan axustado nas votacións.

Por último, queremos expresar todo o noso apoio á nova Xunta de Goberno do Colexio, encabezada polo Presidente Fernando Suárez Lorenzo, e solicitar toda a colaboración dos membros do novo Colexio para afrontar os difíciles retos que se presentan para esta nova andaina.

Noraboa a todos.

Escribir unha resposta