Arquivo para Octubre, 2007

Lista de candidaturas para a xunta de goberno

Lunes, 29 Octubre 2007

Rematado o prazo establecido para a presentación de candidaturas á xunta de goberno do Colexio, foron recibidas e aceptadas por parte da Comisión Xestora dúas candidaturas. A continuación recóllense os membros e o programa de goberno de cada unha delas:

Candidatura encabezada por María José Durán Domínguez:

- Presidenta:  María José Durán Domínguez
- Vicepresidente: José María Casanova Crespo
- Secretario: Daniel Fernández Garrido
- Vicesecretaria: Laura María Castro Souto
- Tesoureira: Soraya Sánchez Labandeira
- Vicetesoureiro: Santiago Pérez Agra
- Vogal: Ronnie Arosa Carril
- Vogal: Xavier Castaño García
- Vogal: Juan José Sánchez Penas

Programa de goberno

Candidatura encabezada por Fernando Suárez Lorenzo:

- Presidente: Fernando Suárez Lorenzo
- Vicepresidente: Hernán Vila Pérez
- Secretario: Juan Valiño García
- Tesoureira: María Pilar Dolores Quiñoá López
- Vicesecretario: Ángel Fernández Gándara
- Vicetesoureiro: Xosé Antón Campos Silva
- Vogal: Ramón Paz Buján
- Vogal: Miguel Ángel Molinero Álvarez
- Vogal: Eva Marcos Doldán
- Vogal: Francisco Manuel Bago Castro

Programa de goberno

Publicación do censo definitivo e apertura do prazo de presentación de candidaturas

Jueves, 11 Octubre 2007

Rematados os prazos establecidos nos estatutos provisionais, de 3 días hábiles para presentación de reclamacións ao censo provisional da asemblea constituínte, e de 3 días hábiles para resolución das mesmas por parte da Comisión Xestora, faise público o censo definitivo para a asemblea.

Censo definitivo

Cabe destacar que a Comisión Xestora acordou recentemente ampliar o prazo de inscrición no censo ata o mesmo día da asemblea, polo que periodicamente serán publicadas distintas revisións do censo coas novas inscricións admitidas.

Tal e como establece o apartado 4 do artigo 13 dos estatutos provisionais, ábrese o prazo de 15 días naturais para a presentación de candidaturas á xunta de goberno do Colexio ata o 27 de outubro. As candidaturas deberanse presentar por escrito mediante correo postal certificado dirixido á sede do Colexio incluíndo os candidatos para cada cargo xunto co programa de goberno.

Ampliación dos prazos de presentación de emendas aos estatutos e inscrición do censo

Lunes, 8 Octubre 2007

A Comisión Xestora, tendo en conta os retrasos producidos na tramitación e publicación do censo definitivo e co fin de preservar os obxectivos e o espíritu dos Estatutos Provisionais, interpreta que os prazos de presentación de emendas aos Estatutos Definitivos debe ser considerado dende a publicación de dito censo.

Por outra banda, entende tamén que o espíritu da lei de creación do Colexio é que a publicación da convocatoria da asemblea constituínte nos dous diarios de maior tirada de Galicia (aínda non realizada) debe servir para que as persoas que non tivesen coñecemento da súa celebración poidan inscribirse para acudir á mesma.

Por este motivo, co obxectivo de facilitar a participación no proceso de creación do Colexio, e para que as persoas que forman parte do censo dispoñan dos prazos íntegros establecidos nos Estatutos provisionais para a presentación de emendas, adopta o acordo de:

- Ampliar en vinte días naturais o prazo de presentación de emendas aos estatutos, de forma que serán recollidas todas as emendas recibidas ata o vindeiro 20 de outubro.

- Ampliar o prazo de inscrición no censo ata o día mesmo da asemblea constituínte, nas seguintes condicións:

1. As solicitudes recibidas neste novo prazo deberán incluír obrigatoriamente:

  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia compulsada do título, dado que xa non é posible realizar a comprobación do título nas universidades (o propio día da Asamblea poderase compulsar copia do título previa presentación de orixinal e fotocopia do mesmo).
  • Formulario correctamente cuberto (Formulario de inscrición (II)).

2. Aquelas persoas cuia solicitude de inscrición e documentación adxunta chegue unha vez rematado o prazo de presentación de emendas aos estatutos, non terán dereito de presentar emendas aos memos.

3. Aquelas persoas cuia solicitude de inscrición e documentación adxunta chegue unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, non terán dereito a formar parte dunha candidatura á xunta de goberno na asemblea constituínte.

Censo provisional para a asemblea constituínte

Lunes, 1 Octubre 2007

Tras realizar a comprobación dos títulos nas distintas universidades, no seguinte documento faise pública a lista de de persoas inscritas no censo, incluíndo tamén aquelas que actualmente están denegadas pola falta dalgunha documentación:

Censo provisional

Segundo o establecido nos estatutos provisionais, ábrese un prazo de 3 días hábiles (ata o xoves 4 de outubro) para a presentación de reclamacións ou para subsanar os problemas detectados no caso das solicitudes excluídas, que serán resoltas pola comisión xestora no prazo tamén de 3 días hábiles (ata o martes 9 de outubro). O mércores 10 de outubro farase público o censo definitivo.