Novo sitio web do colexio
Lunes, 24 Marzo 2008O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia muda o seu sitio web ao enderezo http://www.cpeig.org.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia muda o seu sitio web ao enderezo http://www.cpeig.org.
Dende o día de hoxe e ata a posta en funcionamento da web oficial do Colexio, a Xunta de Goberno do CPEIG pasará a facer uso desta web para a publicación de toda a información de interese para os colexiados.
Así mesmo, como se indica sección de Contactos, pódese facer uso do enderezo de correo
para calquera tipo de dúbida ou consulta que se queira formular relativa ao Colexio.
Constituídos os Colexios, e en paralelo coa tramitación dos expedientes na Xunta de Galicia, a Xunta Directiva de AEIG e as Xuntas de Goberno daqueles comezarán o proceso de reorganización de funcións, transpaso de información e transferencia de competencias. Prevese que o 1 de febreiro se terá rematado todo o proceso.
Posteriormente, tanto AEIG como os Colexios terán que realizar as súas correspondentes Asembleas. En todo caso, salvo aviso en senso contrario, AEIG segue operando como o viña facendo ata o de agora e mantén as funcións e competencias que tiña asignadas. En todo caso, de tratarse de competencias propias dun Colexio establecidas por Lei, actuará como intermediario redirixindo a información e solicitudes recibidas aos Colexios. Entendemos que este proceder facilitará a transición ao mesmo tempo que evitará dúbidas entre os asociados e colexiados sobre a quén dirixirse.
O pasado sábado 15 de decembro tivo lugar a Asemblea Constituínte do CPEIG, na que se levou a cabo a ratificación da Comisión Xestora, foi aprobado o texto definitivo dos estatutos, coa a aprobación de todas as emendas presentadas ao mesmo, e quedando proclamada electa a Xunta de Goberno coa candidatura de Fernando Suárez Loranzo, e constituínda a Xunta de Goberno cos seguintes membros:
No seguinte enlace tedes á vosa disposición o programa de goberno da candidatura que recolle todos os obxectivos marcados para os vindeiros catro anos.
Dende a Comisión Xestora queremos, en primeiro lugar, agradecer a gran participación tanto de todos os asistentes á asemblea, aportando as súas ideas e as súas decisións nas diferentes votacións, como a todas as persoas inscritas no censo ás que non lles foi posible finalmente acudir por diversas circunstancias.
Moi especialmente, queremos recoñecer e agradecer tamén o gran traballo e excelente calidade das dúas candidaturas presentadas, que se refricte nun resultado tan axustado nas votacións.
Por último, queremos expresar todo o noso apoio á nova Xunta de Goberno do Colexio, encabezada polo Presidente Fernando Suárez Lorenzo, e solicitar toda a colaboración dos membros do novo Colexio para afrontar os difíciles retos que se presentan para esta nova andaina.
Noraboa a todos.
Faise pública a listaxe definitiva coas inscricións recibidas para participar na asemblea constituínte do Colexio.
As persoas que non estean incluídas neste censo e queiran participar na asemblea, deberán acudir ás 9:00, hora establecida para a inscrición dos asistentes non incluídos no censo, aportando a seguinte documentación:
Xa está pechado o programa de intervencións do acto público de presentación do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, que terá lugar o sábado 15 de decembro ás 13:00 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
O acto consistirá nunha rolda coas seguintes intervencións:
A continuación ofrecerase un refrixerio para os asistentes.
O vindeiro martes 11 de decembro ás 18:30 terá lugar no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (Rúa Lope Gómez de Marzoa - Campus Universitario Sur – Santiago de Compostela), unha mesa redonda sobre os recén creados Colexio Oficial de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia e Colexio Oficial de Enxeñaría en Informática de Galicia.
Nesta mesa participarán o vicepresidente da Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia (AEIG), Antonio de Andrés Lema, o secretario da Asociación, Juan Otero Pombo, Javier Rodeiro Iglesias como primeiro presidente da Asociación, e os candidatos á presidencia dos colexios, Fernando Suárez Lorenzo, María José Durán Domínguez, e Leticia Diz Bengochea.
Completamos deste xeito unha rolda de mesas nas distintas Universidades galegas e, posto que os titulados galegos aínda poden censarse para nas asembleas constituíntes, trátase dunha oportunidade ideal para dar resposta a todas as dúbidas sobre os colexios profesionais e o futuro da profesión.
Información sobre a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, con datos de contacto e mapa google: http://www.usc.es/~etse/
Faise pública a lista de novas inscricións recibidas e incorporadas ao censo definitivo publicado o 11 de outubro para a asemblea constituínte do CPEIG:
O xoves 29 de novembro ás 18:30 terá lugar no Salón de Actos do Edificio Politécnico do Campus de Ourense unha mesa redonda sobre os recén creados Colexio Oficial de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñaría en Informática de Galicia.
Nesta mesa redonda participarán o secretario da Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia, Juan Otero Pombo, Javier Rodeiro Iglesias como primeiro presidente da Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia e os candidatos á presidencia dos colexios, Fernando Suárez Lorenzo, María José Durán Domínguez e Leticia Diz Bengochea.
Como os titulados galegos aínda poden colexiarse e participar nas asembleas constituíntes o escenario é ideal para que poidan resolverse todas as dúbidas que poideran xurdir sobre os colexios profesionais e o futuro da profesión.
Este mércores 21 de novembro ás 17:30h no salón de Actos da Facultade de Informática terá lugar a conferencia sobre a creación do Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia (CPEIG) e Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos Informáticos de Galicia (CPETIG).